Feira de Oportunidades 13, 14 e 15 de 11:00 a 21:30 h.
Nova edición da Feira de Oportunidades (tradicionalmente vense celebrando en Semana Santa, pero este ano tivo que ser aprazada por culpa do mal tempo ata setembro).
Nesta ocasión contou con 25 postos nos que se podía atopar unha ampla variadade de artigos (roupa, calzado, decoración…) de boa calidade e a prezos moi vantaxosos.
Agradecemos a presenza do Director Xeral de Comercio, Gabriel Alén e doutras autoridades locais na inauguración da mesma.