Con motivo da celebración do Día da Nai, dende Entretendas Centro Comercial Urbano poñemos en marcha unha nova campaña co obxectivo de dinamizar o comercio local e premiar a fidelidade da nosa clientela.
A campaña desenvolverase do 20 de abril ao 3 de maio en todos os establecementos adheridos, baixo o lema “Entretendas mima a mamá”, convidando á veciñanza e visitantes a realizar as súas compras no comercio de proximidade.
Durante este período, as persoas que realicen compras nos establecementos participantes poderán pedir un raña coa súa compra, optando a diferentes premios. Entre eles, destacan vales de coidado persoal valorados en 100€, ademais doutros agasallos que buscan poñer en valor o coidado e benestar das nais.
Con esta iniciativa, Entretendas reafirma o seu compromiso co tecido comercial de Sanxenxo, promovendo campañas que incentivan o consumo local e fortalecen a economía da vila.
Animamos a toda a cidadanía a participar e celebrar o Día da Nai apoiando o comercio local, porque cada compra conta e cada nai merece o mellor.






