Campaña do día do Pai, que este ano tivo como lema “𝔻𝕖𝕤𝕖𝕟𝕔𝕙ú𝕗𝕒𝕥𝕖 𝕖 𝕩𝕠𝕘𝕒 𝕔𝕠 𝕥𝕖𝕦 𝕡𝕒𝕚”, unha iniciativa especial para gozar do tempo en familia e apoiar o comercio local. A actividade consistiu na colocación de trinta xogos tradicionais en taboeiros de madeira como a chave, os bolos, a ran e moitos mais. Cos tiquets de compras feitas no período de tempo do 3 o 19 de marzo podíase participar nesta actividade de balde, incentivando deste xeito ao público a mercar no comercio local.
A outra idea era conseguir que os nenos e non tan nenos esqueceran por un tempo as tecnoloxías, desfrutaran do ar libre, e das súas familias nun día tan especial como é o día do Pai.
E tal e como se pode ver nas imaxes, conseguimos o obxectivo.
Pais, fillos, fillas e familias desfrutaron dunha tarde de xogos.