Unha pequena representación da Xunta Directiva de Entretendas colabora coa iniciativa da AECC de facer un calendario solidario co fin de recadar fondos para a súa asociación.
Estivemos encantados de participar nesta iniciativa tan loable como todas as que leva a cabo a AECC e tamén o estamos de haber aportado o noso granciño de area na elaboración do mesmo.
Divertímonos facéndoo e quedamos moi contentos co resultado.