O pasado 12 de marzo, a xerente de Entretendas CCU Sanxenxo, tivo a oportunidade de participar nunha interesante entrevista no programa “Falamos” do Canal Rías Baixas. Durante a sua intervención, explicou cal é a misión e a visión da nosa asociación, destacando o importante labor que realizamos para apoiar o comercio local e promover o desenvolvemento económico e social da nosa comunidade.
A xerente contou como Entretendas traballa arreo para crear un entorno favorable para os pequenos comerciantes, fomentando a colaboración entre negocios e impulsando iniciativas que atraian tanto a residentes como a visitantes. Tamén se abordaron temas como as actividades e eventos que organizamos ao longo do ano, deseñados para dinamizar a vila de Sanxenxo e ofrecer unha experiencia enriquecedora a todas as persoas que nos visitan.
Outro punto relevante da entrevista foi a discusión sobre os retos e oportunidades que o comercio local afronta na actualidade, especialmente tras a pandemia. A xerente destacou a importancia de adaptarse aos novos tempos, aproveitando as ferramentas dixitais e mantendo sempre un servizo próximo e personalizado, que é o que caracteriza e distingue aos nosos comerciantes.
Queremos agradecer ao programa “Falamos” do Canal Rías Baixas por brindarnos esta plataforma para dar a coñecer o noso traballo e reafirmar o noso compromiso coa comunidade. Se non tivestes a oportunidade de ver a entrevista, podedes acceder a ela a través da nosa páxina web e redes sociais.
Seguimos traballando con ilusión e dedicación para que Sanxenxo continúe a ser un referente de comercio local, de calidade e proximidade. Grazas a todos polo voso apoio constante!
Entrevista programa Falemos do Canal Rias Baixas