Entretendas é un proxecto de desenvolvemento do comercio de proximidade.
Entretendas CCU (Centro Comercial Urbán) enténdese como a agrupación dun conxunto de comercios minoristas nun determinado espazo, unidos nunha única organización baixo unha marca e que pretende desenvolver accións e servizos que beneficien ó asociado e ó consumidor final.
O concepto xurde como reacción ante a proliferación de centros comerciais e grandes superficies e ante o cambio que se produxo nos hábitos de compra dos consumidores.
Un centro comercial aberto é unha agrupación espacial de establecementos comerciais, de restauración, de ocio e socioculturais, nun entorno urbano, xeralmente en cascos antigos das cidades, que se rexen por unha xestión integral do conxunto dos negocios a través dunha forma societaria que determina a estratexia empresarial e as políticas de actuación a desenvolver, e que ofrece unha imaxe unitaria da oferta global da zona mediante aspectos tales como:
– Prestación en común de servizos
– Implantación dunha imaxe corporativa que o identifique: logotipo, mobiliario urbano, etc.
– Cumprimento dun mesmo horario
Prestación conxunta e unitaria de actividades de ocio e animación cultural
Dito espazo deberá estar dotado dunha infraestrutura urbana que por unha banda a individualice como unha entidade propia (peonalización, sinalización, mobiliario, etc.) e, por outra banda, proporcione doada accesibilidade e aparcamento. Resumindo, son tres, os aspecto que definen un centro comercial aberto:
– Xestión centralizada
– Imaxe unitaria da oferta
– Infraestrutura urbanística-comercial
Os centro comerciais abertos nacen como unha fórmula de cooperación do comercio ante os novos formatos comerciais. Non se trata de proxectos reivindicativos ante as grandes superficies, pero resulta interesante analiza-las vantaxes que ten ante elas, a fin de que estas sexan potenciadas como fortaleza do pequeno comercio.
– Profesionalización do comercio de proximidade
– Especialización
– Diferenciación
– Fomento do asociacionismo
Todos eles encamiñados cara a satisfacción do cliente e do asociado. O que pretende Entretendas CCU non é atacar ás grandes superficies, dado que no noso Concello o comercio ten uns profesionais, unha entidade, peso e imaxe ante o cliente final. O que tratamos é de utilizar fórmulas que potencien e dinamicen ó comercio mediante a agrupación dos activos e o ben facer dos nosos comercios. O noso valor fundamental: a unión do trato cercan e de “toda a vida” cos máis modernos xeitos de xestión. En definitiva, Entretendas CCU é un centro aberto, ó aire libre, sendo a hospitalidade e a boa acollida o motor dos nosos comercios.