Campaña de colaboración coa Asociación Lúdica e Cultural O Cubreiro, na XV edición do Campeonato Mundial de Colchonetas de Sanxenxo.
Entretendas repartiu entre os participantes en dito mundial, trescentos vales-desconto dos comercios asociados.
Con esta iniciativa, trátase de levar a un público potencial e maioritariamente novo ás tendas, atraídos por ese desconto, e que deste xeito poidan coñecer ese negocio e quizais sexa unha oportunidade para fidelizar ese cliente.
Tamén a idea é colaborar con outras asociacións do Concello para, por unha banda, participar en actos e actividades lúdicas, e por outra, dar maior visibilidade ao Concello, e todo o que nel se organiza.
#veran #sanxenxo #entretendas #ocubreiro #concellodesanxenxo