BASES DA CAMPAÑA
- Obxecto da campaña
A presente campaña ten como finalidade incentivar as compras navideñas nos comercios asociados, premiando aos clientes con entradas para a pista de xeo e cun sorteo de 1.200€ en vales compra, que se repartirán do seguinte xeito:
– 1 vale de 300€
– 4 vales de 100€,
– 10 vales de 50€
- Vixencia da campaña
A campaña estará activa dende o 5 de decembro de 2025 ata o 6 de xaneiro de 2026, ambos inclusive.
- Mecánica de participación
3.1. Por cada ticket de compra igual ou superior a 5 € realizado en calquera dos comercios asociados, o cliente terá dereito a unha (1) rifa de participación no sorteo dos vales compra.
3.2. Por cada ticket de compra igual ou superior a 30 € realizado en calquera dos comercios asociados, o cliente terá dereito a unha (1) entrada gratuita para a pista de xeo.
3.3. O comercio entregará a rifa no momento da compra e será cuberta nese mesmo instante, quedando a rifa no comercio.
3.4. As entradas para a pista de xeo serán entregadas as primeiras 500 persoas que presenten un ticket de compra superior a 30€ na oficina de Entretendas (C/Progreso, 66 Baixo 2 Sanxenxo).
3.5. Non se admitirán tickets duplicados, manipulados ou ilexibles.
3.6. Os comercios deberán entregar as rifas cubertas o día 13 de xaneiro como data límite.
3.7. O sorteo levarase a cabo o día 14 de xaneiro na oficina de Entretendas.
- Condicións de uso das entradas
5.1. A entrada é válida para un pase na pista de xeo ou si o prefiren para os inchables.
5.2. As entradas non son renovables, non teñen valor monetario e non son canxeables por diñeiro.
5.3. Os menores deberán cumprir as políticas de acceso e acompañamento establecidas pola pista de xeo.
- Aceptación das bases
A participación na promoción implica a plena aceptación das presentes bases.
A organización resérvase o dereito a modificalas por causa de forza maior ou necesidades operativas, garantizando sempre a transparencia cara os participantes.
- Información adicional
Cualquera duda ou aclaración poderá consultarse en:
- Oficina Entretendas





