Consulta a continuación las bases legales de la campaña:
- ENTIDADE ORGANIZADORA
A campaña está organizada pola Asociación de Comerciantes Entretendas, con domicilio en Sanxenxo (Pontevedra).
- OBXECTO DA CAMPAÑA
A presente campaña ten como finalidade dinamizar o comercio local con motivo do Día do Pai, incentivando as compras nos establecementos asociados.
- ÁMBITO TERRITORIAL
A promoción será válida exclusivamente nos establecementos asociados a Entretendas situados no municipio de Sanxenxo.
- DURACIÓN
A campaña será válida desde o día 9 de marzo de 2026 ata o día 19 de marzo de 2026 (inclusive).
Non se admitirán participacións fóra do dito prazo.
- REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN
Poderán participar todas as persoas que realicen compras nos establecementos asociados durante o período da promoción.
Non poderán participar membros da Xunta Directiva da asociación nin empregados directos da organización.
- MECÁNICA DE PARTICIPACIÓN
6.1 Sorteo 1 – Compra mínima 30€
Por cada compra igual ou superior a 30€ realizada nos establecementos asociados durante o período promocional, o cliente recibirá unha participación para o sorteo de:
- 1 vale de compra por valor de 100€
Cada ticket de 30€ xera unha participación independente.
Para que a participación quede rexistrada, deberase deixar o ticket de compra no establecemento co nome e o número de teléfono no reverso.
6.2 Sorteo 2 – Tarxeta “Meu pai merece este agasallo porque…”
Toda persoa que realice unha compra durante o período da campaña poderá cubrir unha tarxeta promocional (ata fin de existencias) indicando:
- Nome
- Teléfono de contacto
- Frase completando: “Meu pai merece este agasallo porque…”
Entre tódalas tarxetas recibidas sortearanse:
- 3 vales de compra por valor de 50€ cada un
- PREMIOS
- 1 vale de compra de 100€
- 3 vales de compra de 50€ cada un
Os vales:
- Serán canxeables únicamente nos establecementos asociados.
- Non poderán trocarse por diñeiro en efectivo.
- SORTEO
O sorteo celebrarase o día 25 de marzo de 2026 na sede da asociación.
A selección das persoas gañadoras realizarase de forma aleatoria entre todas as participacións válidas.
Designaranse suplentes no caso de imposibilidade de contactar coa persoa gañadora.
- COMUNICACIÓN DAS PERSOAS GAÑADORAS
As persoas gañadoras serán contactadas telefónicamente.
Así mesmo, poderán publicarse os seus nomes nas redes sociais e medios de comunicación da asociación, previa aceptación.
- PROTECCIÓN DE DATOS
En cumprimento do Regulamento (UE) 2016/679 (RXPD) e normativa vixente:
- A responsable do tratamento é a Asociación Entretendas.
- Os datos serán utilizados exclusivamente para a xestión do sorteo.
- Non se cederán a terceiros.
- As persoas participantes poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación ou supresión mediante solicitude escrita á asociación.
- ACEPTACIÓN DAS BASES
A participación na campaña implica a aceptación íntegra das presentes bases.
A organización resérvase o dereito de modificar calquera aspecto da promoción por causa xustificada.






