A campaña de Nadal este ano consistiu na colaboración con Concello no acendido do alumeado navideño.
Entretendas CCU repartiu 1000 gorros de Papá Noel, adornando así a praza de cor e visibilizando a asociación.
Tamén aportou pintacaras que engalanaron ós presentes con motivos navideños. Por outra banda, contribuíu facéndose cargo do alumeado do mercadillo de Nadal e con actividades infantís que se realizaron en dito mercadillo. Nestas actividades lúdicas, ao presentar un tiquet de compra do comercio asociado, ademais dábaselle un agasallo a rapazada participante nas mesmas.
Ademais tivo lugar o sorteo de 1.200 € en vales compra entre aquelas persoas que mercaron no comercio local e cubriron unha papeleta. Estes vales son para volver a mercar no comercio asociado.