O axuntamento de Sanxenxo xunto coa Asociación de Comerciantes Entretendas CCU lanzan a primeira edición de “Bonos Merca en Sanxenxo 2025” con obxectivo de contribuir a dinamización do comercio local e reactivar a actividade económica de Sanxenxo incentivando a compra de proximidade.
A campaña levarase a cabo dende o 15 de setembro está activa ate o 31 de outubro de 2025.
Nesta edición o Concello de Sanxenxo aportará a cantidade de 20.000,00 € para a emisión dunha partida de 2.000 paquetes de bonos por valor de 30,00 € cada unidade, repartidos en tres bonos por valor de 10,00 €.
O punto de venda dos bonos faráse na sede de Entretendas CCU.
Entretendas CCU
R/ Progreso 66, Baixo 2
Telf: 670 75 35 48
As Bases reguladoras da iniciativa “MERCA EN SANXENXO 2025”, son as seguintes:
- O custo de adquisición para os cidadáns será de 20,00 € por cada paquete de bonos, asumindo o Concello a cantidade de 10,00 € por cada paquete de bonos.
- A venda de bonos levarase a cabo dende o 15 de setembro de 2025 ata o esgotamento dos bonos. O prazo límite para gastar os Bonos rematará o 31 de outubro de 2025.
- Os establecementos interesados en participar deberán cumprimentar e presentar co modelo de Instancia Xenérica (código SIA 2462770) solicitando a adhesión á iniciativa “MERCA EN SANXENXO 2025”, a través da Sede electrónica do Concello de Sanxenxo.
- O establecemento adherido comprométese a aportar, en tempo e prazo, a documentación que lle sexa requirida dende o Concello.
- Cada Paquete de Bonos ten un valor total de 30,00 € cada unidade, repartidos en tres bonos por valor de 10,00€. O custo de adquisición de cada Paquete de Bonos para a cidadanía será de 20,00 €. O número total de Paquetes de Bonos que se porán á venda será de 2.000.
- Para levar a cabo o aboamento dos bonos aos establecementos adheridos, estes deberán achegar á Asociación Comerciantes Entretendas o bono ou bonos orixinais que recibisen, debidamente selados, así como o tícket ou factura do gasto correspondente. Non se abonarán bonos falsificados, rotos, deteriorados ou utilizados a partir da data límite para gastalos (31 de Outubro de 2025).