Este ano a campaña do Día da Nai estivo composta de dous apartados:
1.- I Concurso de escaparates do Día da Nai (para os establecementos)
2.-Premio para as persoas que máis fotos nos manden dos escaparates participantes.
Para celebrar ó Día da Nai, este ano, dende Entretendas CCU quixemos premiar, non só as persoas que mercan no comercio local, senón que tamén premiamos o comercio co escaparate mais chamativo. Deste xeito pretendemos recoñecer o esforzo dos comerciantes ao decorar os seus negocios, e o dos clientes que visitaron e percorreron os mesmos.
I Concurso de Escaparates do día da Nai. O premio para o establecemento gañador (valorado por un xurado) consistiu en tres meses de publicidade nun expositor (mupi) na rúa. O escaparate máis valorado foi FLORISTERÍA MULTIFLOR.
E por outra banda, os clientes tamén tiveron premio! Tiñan que fotografar o maior número de escaparates posible, e envialas a través dun código QR que se xerou especificamente para esta ocasión. Cantas máis fotos enviasen, mais posibilidades tiñan de gañar. O premio para os participantes foron 3 vales-compra por valor de 100€ para gastar no comercio local. E as gañadoras foron, Mónica, Marisol e Tania.
- Gañadora do I Concurso de escaparates (Floristería Multiflor)
- Mónica
- Marisol
- Tania